Concello de Sanxenxo - SANXENXO E CABEZÓN DE LA SAL DAN OS PRIMEIROS PASOS PARA UN FUTURO IRMANDAMENTO DE MUNICIPIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



A Sociedade Coral Voces Cántabras de Cabezón de la Sal participarán no Concerto de Corais que terá lugar mañá, ás 20:30 horas

O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, recibiron esta mañá no Concello unha delegación de Cabezón de la Sal coa que deron os primeiros pasos para un futuro irmandamento de municipios. A concelleira de Comercio, Educación, Infancia e Emprego, Constantina Fernández, acompañada de representantes da Sociedade Coral Voces Cántabras de Cabezón de la Sal visitan Sanxenxo para participar no concerto de corais que terá lugar mañá no Pazo de Emilia Pardo Bazán, ás 20:30 horas. A anfitrioa da actuación é a Coral Polifónica Santa María de Adina de Portonovo e tamén participará o Coro Guido D'Arezzo de Móstoles.

Durante a recepción, o alcalde e a edil de Cultura entregáronlles unha Madama, un libro sobre a Ruta do Pai Sarmiento, así como dúas láminas, unha do miradoiro da Granxa e outra de As Telleiras, da artista local Andrea Area. Por parte de Cabezón de la Sal entregaron ao alcalde o escudo do municipio e un libro da coral que cumprirá 100 anos en 2024.

O alcalde agradeceulles a visita da delegación e asegurou mostrarse moi interesado cun irmandamento que permita "estreitar os lazos entre ambos os municipios" e que posibilite que se coñezan as belezas das respectivas nacións, co turismo, o intercambio cultural, entre cidades. Tamén intercambiar experiencias a nivel económico, político, social e cultural.

0
0
0
s2sdefault