Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONCEDE 231 PERMISOS PARA A CELEBRACIÓN DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O prazo para solicitar os permisos para San Pedro está aberto ata o 26 de xuño de 9:30 a 14:30 horas

 

O Concello de Sanxenxo tramitou un total de 231 permisos para a celebración das fogueiras de San Xoán. Do total, 13 realizaranse en Caneliñas, 12 en Silgar, 1 en Panadeira, 9 noutros espazos públicos e 196 en leiras privadas.
O Concello porá en marcha un operativo especial da Policía Local, Emerxencias e o servizo de limpeza. O horario de vixencia para a autorización das fogueiras será exclusivamente para a noite do día 23, desde as 22 horas ás 6 horas do 24, período no que quedará prohibido o baño. As persoas con autorización poderán baixar o material á praia a partir das 21 horas. Ás seis da mañá evacuaranse as praias para proceder á súa limpeza garantido que estarán en perfectas condicións á primeira hora da mañá.


Por motivos de seguridade, desde o goberno local advirten que non estará permitido o uso de tendas de campaña nin tampouco de faroliños tailandeses. Outras medidas preventivas son a colocación de valados para delimitar os espazos autorizados e bidóns para a recollida de cinza. Entre os requisitos esixidos para poder realizar as fogueiras nos devanditos areais atópase a queima unicamente de leña limpa e en ningún caso de materiais plásticos, madeiras pintadas ou con cravos. Tampouco se poderán levar á praia botellas ou vasos de vidro, nin reproducir música cun volume que poida molestar a zonas de vivendas.
Doutra banda, continúa aberto o prazo para solicitar os permisos para San Pedro ata o 26 de xuño de 9:30 a 14:30 horas.

0
0
0
s2sdefault