Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZA O CENTRO DE SAÚDE DE BALTAR TRAS A RENOVACIÓN DO CONVENIO DE VIVENDAS DE MÉDICOS CO SERGAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Catro profesionais traballarán durante o mes de xullo e agosto en dúas consultas de desprazados e nas gardas do PAC

O Concello de Sanxenxo e a Consellería de Sanidade renovaron o pasado venres o convenio de vivendas para médicos. A proba piloto funcionou con dous médicos o verán pasado e, este ano, espertou un gran interese entre facultativos de fóra da comunidade galega. Catro novos médicos reforzan desde o pasado sábado o centro de saúde de Baltar onde prestarán asistencia durante os meses de xullo e agosto. O Concello faise cargo do aloxamento destes facultativos por un custo de 21.500 durante este período cando a poboación chégase a multiplicar por cinco. O obxectivo desta medida temporal é que a asistencia médica de veciños e turistas non se vexa mermada por este crecemento poboacional.

A contratación destes catro médicos permitirá dotar ao centro de saúde de Baltar dunha consulta máis para desprazados da habitual en veráns anteriores ao Covid e manter dous médicos por garda de PAC, de luns a domingo, chegando a tres durante as fins de semana. En todo caso, desde o goberno incídese en que esta colaboración préstase de “forma excepcional” mentres non se solucione o problema latente de falta de médicos pola insuficiente convocatoria de prazas en Atención Primaria por parte do Ministerio de Sanidade.

Cabe lembrar tamén que desde o o pasado 1 de xullo e ata o 31 de agosto, o centro de saúde de Baltar volve ser a base da ambulancia medicalizada que a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 asignou aos concellos do Salnés. Ademais, o PAC de Baltar contará nos próximos días cun garda de seguridade na entrada para garantir a boa convivencia no centro médico entre facultativos e pacientes.

 
0
0
0
s2sdefault