Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTA DESDE HOXE CON BANDEIRAS DE SOCORRISMO ADAPTADAS A PERSOAS DALTÓNICAS NAS SÚAS PRAIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A bandeira vermella inclúe un triángulo, a amarela leva unha franxa diagonal e a verde incorpora unha liña diagonal e un triángulo
Sanxenxo conta desde hoxe nas súas praias coas bandeiras de socorrismo adaptadas a persoas daltónicas. O municipio incorporou nas bandeiras uns símbolos en cor branca que informan sobre o estado do mar. A bandeira vermella inclúe un triángulo, a amarela leva unha franxa diagonal e a verde incorpora unha liña diagonal e un triángulo. Deste xeito, lógrase que as praias sexan máis inclusivas, xa que as persoas daltónicas terán acceso á información das bandeiras de forma autónoma. Cabe lembrar que a variante máis frecuente do daltonismo complica distinguir entre as cores vermello e verde, que son dúas dos que se usan principalmente en calquera código relacionado co risco e a seguridade. As bandeiras utilizan o método Cor ADD, a única linguaxe do mundo adaptado a persoas que padecen daltonismo. Neste sistema as cores identifícanse de forma gráfica.
0
0
0
s2sdefault