Concello de Sanxenxo - A FEIRA DE ARTESANÍA “O FEITO A MAN” VOLVE UN VERÁN MÁIS AO PASEO DE BALTAR EN PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 A cita abrirá desde mañá ata o 27 de agosto con 35 expositores
 
A feira de artesanía “O Feito a Man” regresa a partir de mañá ao Paseo de Baltar en Portonovo cun total de 35 expositores de Galicia e do territorio nacional. A cita celebrarase, de luns a domingo, ata o 27 de agosto, en horario de 19 a 24 horas todos os días, e os xoves, fins de semana e festivos, tamén de mañá de 12 a 14 horas. A feira ocupará 225 metros cadrados do Paseo de Baltar desde o 15 de xullo ao 27 de agosto co modelo que se implantou coa Asociación Galega de Artesáns. Esta proposta, baseada nos produtos de proximidade e de elaboración personalizada con obxectos únicos e de calidade, está pensada para que supoña un reclamo turístico que non conleve unha competencia para o comercio local. Os expositores da feira deberán dispoñer dun carné de artesán en vigor expedido pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo ou doutra comunidade dacordo con a lexislación vixente e dispoñer de produción propia para atender a demanda prevista durante a feira. Ademais, as bases recollen de forma expresa a prohibición de venda de alimentos e a revenda de produtos.
As casetas teñen esta edición unha dimensión de 3x2 metros coa opción de participacións agrupadas e ampliouse a zona do paseo, cuberta cunha lona, para aumentar o espazo de circulación dos visitantes e protexer o espazo do sol directo. Como no ano anterior, o cartel da feira é obra de Javier Fernández Carrera “Pinturero”, como unha variante do da primeira edición no que xa aparecía un símbolo para Portonovo, A Peixeira. O artista inspírase nesta edición nas creacións do pintor Urbano Lugrís, de quen este ano se cumpren 50 anos da súa morte.
0
0
0
s2sdefault