Concello de Sanxenxo - A PARROQUIA DE SAN GINÉS DE PADRIÑÁN PUBLICA UN LIBRO SOBRE A HISTORIA DO EDIFICIO DO TEMPLO NOVO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O actual párroco, Samuel García, e un dos coautores, José Manuel García Iglesias, regalaron ao alcalde uno dos exemplares asinados Sanxenxo

Reivindicar a historia dun dos edificios “máis emblemáticos” de Sanxenxo e lembrar as figuras que, no seu momento, impulsaron e posibilitaron a súa construción no centro da vila. Estes son dous dos obxectivos que a parroquia de San Ginés de Padriñán proponse coa publicación do libro “La nueva iglesia parroquial de San Ginés de Padriñán. Historia y ser de un sueño hecho realidad”. Nesta primeira edición publicáronse 300 exemplares que xa se poden adquirir no propio templo ou na Librería Nós por un prezo de 18 euros. O actual párroco, Samuel García, e un dos coautores, José Manuel García Iglesias, regalaron ao alcalde uno dos exemplares asinados.

A obra presentarase o próximo 26 de xullo, no Novo Templo, ás 20:30 horas. A exemplar conta cunha presentación do arcebispo Julián Barrio, a introdución do párroco Samuel García e os textos de Isidoro Sabell, Alejandro Barral Iglesias e José Manuel García Iglesias. Ademais, o libro compleméntase cun anexo documental sobre orzamentos e as distintas achegas realizadas económicas e de mellora. No libro relátase o “tesón”, nalgúns momentos tachado de tolo, do párroco Ramón Somoza por un templo que albergase 800 persoas sentadas tras detectar que o atractivo turístico do municipio xa nos anos 60 imposibilitaba dar cabida na pequena capela a todas as persoas que ían ás celebracións litúrxicas durante o verán. O proxecto asinado polo madrileño Gaspar Robles Echenique, veraneante do municipio, foi aprobado en 1965 e terminado en 1976. Ao longo das súas 246 páxinas faise un percorrido desde a idea dunha nova edificación ata o proceso final de construción, así como polas persoas craves no proxecto como o párroco Ramón Somoza; o actor que cedeu parte do seu solar, Manuel Morán; o arquitecto Gaspar Robles Echenique e o mentor e cóengo amigo de Ramón Somoza, Alejandro Barral Iglesias.

 
0
0
0
s2sdefault