Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO E ESPINA E DELFÍN PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA O CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca” ten como obxectivo concienciar aos veciños, visitantes e anticiparse ás situacións de seca
 
O Concello de Sanxenxo e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, poñen en marcha a campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca” para fomentar o consumo responsable de auga. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños e visitantes da importancia de realizar un uso adecuado dos recursos naturais. Esta mensaxe de sensibilización difundirase a través de carteis informativos que se colocarán nos edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga, nas redes sociais e páxinas web de ambas as entidades. A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para os meses de xullo e agosto teñen un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante o período vacacional é importante realizar un consumo eficiente da auga potable.
 
Durante 2022, no municipio de Sanxenxo o consumo medio mensual foi de 175.050 metros cúbicos. Esta cifra superouse durante os cinco meses centrais do ano (desde maio ata setembro) e alcanzouse o pico de maior consumo de auga en agosto, con 366.275 m3, e en xullo, 340.818 m3. Pola contra, os meses de menor consumo foron febreiro de 2021 (102.351 m3) e novembro de 2022 (73.383 m3). Co obxectivo de facer un consumo responsable de auga, esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mintas nos cepillamos os dentes, ducharse en lugar de bañarse, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas. Tamén hai que ter precaución con actividades típicas desta época e, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que se marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda.
0
0
0
s2sdefault