Concello de Sanxenxo - ÚLTIMOS DÍAS PARA VISITAR A EXPOSICIÓN “ENTRE GRITOS Y SUSURROS” NA SALA NAUTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mostra pode visitarse de luns a venres, de 18 a 23 horas, e os festivos e fins de semana, tamén en horario matinal, de 12 a 14 horas
 
A Sala Nauta acolle os últimos días da exposición “Entre gritos y susurros” organizada por Espazo Beny. Na mostra pódese realizar unha viaxe por distintas expresións artísticas como a fotografía de Boris Savelev, a pintura de Antonio Amat, Rafael Alonso, Colin Baldwin, Pepe Barreiro, Darío Basso, Elena Caicoya, Jorge Castelo, Conchi Cadrado, Fernando Lafuente, José María López-Orozco, Marcos Puhinger e Manuel Quintana Martelo, así como as esculturas de Daniel Barreiro, Tino Canicoba, Ramón Conde, Mikel Lertxundi, José Molares, Francisco Pazos, José Perozo e Xurxo Vázquez. A mostra pode visitarse de luns a venres, de 18 a 23 horas, e os festivos e fins de semana, tamén en horario matinal, de 12 a 14 horas.
O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, visitaron a exposición acompañados do organizador da exposición, Beny Fernández, e de Natalia Buesa, historiadora da arte e promotora da obra do fotógrafo ucraíno en Galicia, Boris Savelev. Boris Savelev (Czernowitz, Ucraína, 1947) trasladouse a Moscova en 1966 para graduarse no Instituto de Aeronáutica, onde traballou como enxeñeiro de foguetes na antiga URSS ata comezos dos anos 80. Aínda que xa tiña especial interese na fotografía, en 1970 ingresou no club de fotografía Novator de Moscova, seis anos despois comeza a dedicarse máis na fotografía ata que en 1982 converteuse na súa principal dedicación e traballou como freelance para editoriais da URSS e do estranxeiro. Savelev realizou numerosas exposicións en todo o mundo. A súa obra fotográfica fíxolle merecedor dun lugar en importantes coleccións internacionais de todo o mundo como; a Corcoran Galley of Art de Washington D.C., o Museo de Arte Moderna de Nova York, a Staatsgalerie de Stuttgart, o Museo do Sarre en Saarbrücken, Alemaña, o Museo de Belas Artes de Novo México en Santa Fe.
0
0
0
s2sdefault