Concello de Sanxenxo - SANXENXO REXISTROU O PASADO MES DE XUÑO 78.322 PERNOITAS HOTELEIRAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As cifras do INE reflicten un lixeiro descenso, do 6,31%, respecto ao mesmo mes do ano pasado
 
Sanxenxo rexistrou no mes de xuño 78.322 pernoitas hostaleiras, segundo datos publicados esta mañá polo INE no balance de Conxuntura Turística Hoteleira, un 6,31% menos que o ano pasado no mesmo período. A maioría dos turistas son españois. En concreto, 62.873 das pernoitas foron de turistas chegados do territorio nacional mentres que as outras 15.449 eran do estranxeiro. As estatísticas do INE non inclúen as casas rurais, os cámpings, os apartamentos turísticos nin tampouco as segundas residencias, un dos aloxamentos craves nas tempadas vacacionais. En canto ao resto de establecementos, os datos oficiais recollen a apertura de 75 establecementos de aloxamento e un grao de ocupación media por prazas do 45,97%, aínda que durante as fins de semana sobe ao 56,19%.
 
O goberno local confía en que as cifras turísticas síganse consolidando nos próximos meses. O número de parados axuda a ver o impacto do turismo na economía. Segundo os datos da Consellería de Traballo, Sanxenxo continuou un mes máis coa súa tendencia, liderando en xuño a caída de paro na comarca cunha taxa de desemprego do 6,45% sobre unha poboación activa de 7.930 persoas. O municipio pechou o sexto mes do ano con 511 parados, 72 menos que en maio. Unha baixada habitual dos meses de xullo e agosto, impulsada polo sector turístico no municipio, e que ratifica o crecemento económico. Outro dos indicadores municipais que actúan de termómetro da actividade turística é a facturación do aparcadoiro público de Nauta. No mes de xuño recadáronse 53.647 euros, unha cifra que supón o mellor mes de xuño desde a súa apertura.
0
0
0
s2sdefault