Concello de Sanxenxo - AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DA PRAZA DO PAZO PÁRANSE DESDE ESTE VENRES ATA O 1 DE SETEMBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación quedará pendente dos remates de accesos que afectan a propietarios privados e de parte do axardinamento
 
As obras de humanización da Praza do Pazo pararán este venres e retomaranse o 1 de setembro. A actuación quedará pendente dos remates de accesos que afectan a propietarios privados cos que se está acordando a mellor alternativa e de parte do axardinamento. Os efectos da folga do metal e os problemas de subministración de material no sector da construción alteraron os prazos previstos inicialmente no cronograma. O espazo da obra quedará este venres totalmente accesible para o peón garantindo a actividade comercial e hostaleira na zona. A actuación coa que se busca dar un maior dinamismo ao espazo ten un custo de 672.873 euros e acométese con fondos municipais.
 
A obra consiste na creación de dúas plataformas horizontais de zonas verdes e outras dúas, en pavimento de pedra que se unirán con percorridos accesibles para potenciar a interacción social e a actividade comercial da praza. O proxecto céntrase nos 2.371 metros cadrados da praza, mellorando tamén a conexión entre a Rúa dos Mariñeiros e Rúa dos Cesteiros, convertendo o espazo nunha zona polivalente con capacidade para 1.350 persoas. A vexetación cobra no proxecto especial relevancia como control solar e térmico polo que está prevista a plantación de árbores de folla caduca e a colocación de 10 chorros de auga a modo de fonte. A plataforma horizontal maior destinarase principalmente a actividades e espectáculos ao aire libre. A escaleira de acceso principal desde a Rúa Madrid incluirá tres zonas máis elevadas, a modo de bancadas, que xerarán bancos corridos con acabado en madeira. En canto ao mobiliario da praza, instalaranse 15 luminarias de modelos diferentes que mellorará unha importante deficiencia actual do espazo e seis bancos.
0
0
0
s2sdefault