Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORZARÁ A CARTELERÍA DE PROTECCIÓN DUNAR CON NOVOS PANEIS E NOVOS VALADOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tras detectar aperturas de novos carreiros entre os espazos dunares para acurtar os percorridos de accesos ás praias, o Concello reforzará a cartelería con novos paneis nas praias co lema “A duna é vida. Non a pises, respéctaa” acompañada de actividades de concienciación ambiental. Esta actuación enmárcase dentro dos obxectivos de espazos da área litoral, recollidos como prioritarios para hábitats no plan director da Rede Natura 2000. Os carteis colocaranse en Areas, Baltar, Canelas, Montalco, Major, Foxos e A Lanzada.

En Foxos está previsto ademais cambiar o resto do valado pendente de substituír nunha actuación anterior para protexer toda a contorna dunar. Tanto en Foxos como en Major pódense apreciar dunas móbiles embrionarias, dunas brancas, clasificadas como hábitats de interese comunitario, e dunas grises, catalogadas como de carácter prioritario. Ademais, colocarase tamén un valado, esta vez por motivos de seguridade na praia de Caneliñas e na praia de Bascuas. Reutilizaranse estacas do parcelamento de Silgar para evitar caídas nas partes máis altas da praia onde non existen proteccións.

0
0
0
s2sdefault