Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONTA CO PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA TELLEIRA VALORADO EN 790.348 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O edificio conta cunha superficie de 2.504 m2 e sitúase nunha parcela de 22.986 m2
 
O Concello de Sanxenxo conta xa co proxecto definitivo de rehabilitación do Centro de Interpretación da Telleira valorado en 790.348 euros financiados a través dos fondos Next Generation. O edificio conta cunha superficie total de 2.504 metros cadrados que se sitúa nunha parcela de 22.986 m2 limitando cunha das lagoas de Rouxique. A zona conta con relevantes figuras de protección. Forma parte da Rede Natura 2000, é Lugar de Interese Comunitario (LIC), está protexido polo convenio internacional Ramsar de humidais e é Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA). O obxectivo é que o Centro de Interpretación da Telleira convértase nun centro de difusión dos valores ecolóxicos e etnográficos de toda a zona que fomente o turismo ambiental e ornitolóxico, especialmente nos meses de outono e inverno cando máis de 200 especies de aves elixen este humidal para invernar. Pero como se trata dun edificio moi amplo tamén acollerá as oficinas da Concellería de Medio Ambiente, achegando aos veciños a un espazo de alto valor ecolóxico, e única sede galega de Sé Birdlife. O Concello asinará un convenio co colectivo que incluirá o compromiso de SÉ Birdlife de iniciar xa a actividade na zona como paso previo a un acordo de custodia do territorio.
 
Tras a rehabilitación, o edificio contará tamén cunha sala de exposicións permanente, unha sala de exposicións itinerante e un espazo de mostras audiovisuais. A actuación persegue catro obxectivos, tal e como se detalla no poyecto:
1. Habilitar espazos independentes segundo usos sen xerar interferencias nin ruídos.
2. Dotar as instalacións de ventilación e climatización de máxima eficiencia enerxética. Inclúe a mellora de illamento do edificio e a drenaxe da cuberta.
3. Mellorar a eficiencia enerxética en todo o edificio.
4. Acondicionamento e mellora paisaxística de toda a parcela. A rehabilitación inclúe equipamento museográfico con paneis e monitores de televisión e dotación de elementos dixitais que faga máis atractiva e áxil a visita.
0
0
0
s2sdefault