Concello de Sanxenxo - O CONCELLO XA TEN PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN PARA A 1ª FASE DO MERCADO DE SANXENXO QUE COMEZARÁ O 6 DE SETEMBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A firma Praza, Servizos e Obras presentou unha oferta económica que supón un baixa respecto ao orzamento de licitación de 177.544 e amplía a garantía a 4 anos 
 
O Concello de Sanxenxo xa ten proposta de adxudicación para executar a primeira fase do mercado de Sanxenxo que contempla a construción do paso subterráneo e o aparcamento público. A firma que obtivo a mellor puntuación no proceso de licitación foi Prace, Servizos e Obras que realizará a obra por 2,1 millóns de euros, 177.544,81 euros menos que o prezo da oferta do prego. Ademais, amplía o prazo de garantía a 4 anos. O Concello prevé iniciar as obras o 6 de setembro.
A actuación inclúe o soterramento do tráfico dun tramo da Rúa de Madrid cun aparcamento con 32 estacionamentos e unha gran praza. A Xunta de Galicia financiará as intervencións achegando un millón de euros e o Concello licitará, executará e achegará o investimento restante para os traballos, que quedará en 1’3 millóns de euros. O obxectivo deste acordo é facer máis humano e transitable a contorna da Praza de abastos.
 
Farase mediante o soterramento do tráfico na Rúa de Madrid ata a súa intersección coa estrada autonómica PO-308, que une A Lanzada e Pontevedra. O Concello convocou o concurso de ideas para a intervención integral e a proposta gañadora, “Os luns ao sol”, ofrece solución aos problemas circulatorios da zona. A intervención ideada polo Concello de Sanxenxo pretende reducir o espazo urbano transitado por vehículos e primará a rexeneración de espazos públicos para que os peóns gañen protagonismo. As actuacións centraranse en executar un paso inferior para o tráfico da Rúa Madrid, desde o cal se dará entrada ao aparcamento do novo edificio do mercado. Así mesmo, procederase a reurbanizar a Rúa de Madrid, desde a Rúa Panadeira ata o seu encontro coa glorieta de intersección da propia Rúa de Madrid coa Rúa Progreso.
0
0
0
s2sdefault