Concello de Sanxenxo - PRETO DE 10.000 PERSOAS PASARON POLA CARPA DE DEGUSTACIÓN DA FEIRA GASTRONÓMICA DE ARRA DURANTE A FIN DE SEMANA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Un cadro do porto de Portonovo do ferrolán Manuel Carballeira Rivas logrou o primeiro premio no Certame de Pintura Rápida 
 
Arra pechou esta fin de semana una das edicións de maior afluencia de visitantes da Feira Gastronómica de Produtos Galegos. Preto de 10.000 persoas pasáronse pola carpa situada na praia de Montalvo para degustar a variedade da carta na cita coas zamburiñas e o polbo como pratos estrela. O presidente da Asociación Cultural San Cayetano de Arra, Bruno Vidal, fai unha valoración moi positiva da festa na que se superaron as expectativas iniciais. “Calculando por capacidade dás mesas que había pola carpa pasaron esta fin de semana preto de 10.000 persoas achegadas desde distintos puntos de España, pero tamén viñeron moitos veciños”, asegura. A cita que cumpre o seu vixésimo terceira edición consolídase ano tras ano no calendario de festas gastronómicas cunha aposta clara de bos produtos a prezos populares. Non faltou nin a música que correu a cargo da Raíña do Vudú, a discoteca móbil Estudo 21 e Soalleira nin tampouco a tradicional queimada gratuíta. O VIII Certame de Pintura Rápida ao aire libre celebrado onte serviu para poñer o broche de ouro ao fin de semana. Un total de 43 persoas participaron no concurso no que se repartiron 3.750 euros en metálico. Por segundo ano consecutivo, o ferrolán Manuel Carballeira Rivas fíxose co primeiro premio (1.000 €) na categoría de Adultos cun cadro do porto de Portonovo. O segundo premio (700 €) foi para Jose Gonzalo Rodiño e o terceiro (500 €) para Juan Carlos Triñanes. Os tres accésits dotados con 100 euros cada un foron para Jose Miguel Arranz, Isabel Seidell e Carlos Espiga. Na categoría Artista da Comarca o primeiro premio (500 €) foi para Eduardo Pérez e o segundo (300 €) para Abel Barandela. No apartado infantil, ata 12 anos, o primeiro premio (100 €) foi para Nayara Martínez e o segundo (50 €), para Adriana Norat. De 13 a 16 anos, o primeiro premio (200 €) foi para Jone Arranz e o segundo (100 €), para Naia Arranz. O fallo do xurado, así como a exposición das obras realizáronse no Priorado de Arra onde tamén se realizou unha mostra de cadros de Isabell Seidel e Manuel Carballeira.
0
0
0
s2sdefault