Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO INTÉGRASE NO COMITÉ ORGANIZADOR DO MUNDIAL DE TRÍATLON
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A colaboración será loxística e económica para acoller o Congreso Mundial de Tríatlon no Hotel Carlos I de Silgar

O Concello de Sanxenxo confirma a súa incorporación ao comité organizador da Final das Series Mundiais de Tríatlon que se van a celebrar en Pontevedra entre o 20 e o 24 de setembro. Sanxenxo agradece a invitación do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e da Federación Española de Tríatlon. A colaboración de Sanxenxo ten unha dobre vertente. Por unha banda, o Concello vai contribuír economicamente para facilitar a organización do Congreso Mundial de Tríatlon no que estarán todos os países que forman parte da Federación Internacional (World Triatlhon) e que se vai a celebrar no Hotel Carlos I Silgar, establecemento cunha ampla experiencia neste tipo de encontros. E, doutra banda, o sector hostaleiro poñerá ao dispor as súas prazas e profesionalidade para facilitar as necesidades de aloxamento que require un evento deportivo destas dimensións. Nestes momentos, sete hoteis do municipio xa teñen confirmada a reserva de praza de hóspedes de ata unha vintena de países. A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon acollerá a deportistas chegados desde todos os puntos do planeta xa que participarán representantes de polo menos 57 países e poderase seguir en directo en máis de 170 territorios grazas ao sinal que distribuirá RTVE. En España as carreiras serán televisadas en RTVE.es e Teledeporte.

0
0
0
s2sdefault