Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO PON A PUNTO OS SEUS CENTROS EDUCATIVOS PARA O NOVO CURSO ESCOLAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Operarios municipais están a realizar melloras en sete colexios públicos do municipio
 
Cada verán o Concello de Sanxenxo realiza obras de mantemento e reforma nos seus centros educativos. A Concellería de Educación, dirixida por Nati Parada, en colaboración coa de Mantemento e Servizos de Yago Torres comezaron os traballos nos centros CEIP de Nantes, CEIP de Magaláns, CEIP Telleiro, CEIP Portonovo, CEIP da Florida, CEIP Cruceiro e a Escola Unitaria de Aios. O obxectivo das obras é o de mellorar as condicións de todos estes centros tanto como para o alumnado como para os docentes do próximo curso escolar. Os equipos directivos de cada centro expuxeron as necesidades en cada colexio. No CEIP Magaláns levou a cabo a ampliación de aulas coa derriba de paredes e posterior pintado. No CEIP da Florida está prevista a adaptación de baños, a revisión da instalación eléctrica, o pintado do salón de actos e diversas melloras no mobiliario interior. No CEIP Portonovo está a levarse a cabo o pintado de aulas, renovarase o portal de entrada, mellorarase o patio con axardinamento e con novos elementos de xogo. O Concello está pendente dun permiso de Costas para acometer unha mellora no acceso de entrada principal ao colexio. No CEIP Noalla está prevista a ampliación da pista deportiva, a mellora das ancoraxes e a construción dunha rampla de acceso. No CEIP Cruceiro realizaranse pequenos traballos de mantemento no interior e unha rampla de acceso no exterior. No CEIP de Nantes levarán a cabo melloras no interior como o cambio de persianas e traballos de illamento. Na Escola Unitaria de Aios realizouse unha limpeza do tellado, están a pintarse as aulas e procedeuse á desinfección e posta a punto dos xogos exteriores. Ademais, habilitarase un horto. O investimento total nestes traballos roldará os 40.000 euros. Limpeza marquesiñas Desde a Concellería de Medio Ambiente, Servizos e Mantemento está a levarse cabo unha limpeza das marquesiñas do municipio tanto das escolares como as do servizo regular de transporte público. Ademais, colocaranse uns adhesivos que axudarán a distinguir as paradas dun e outro servizo que, ata o de agora, daban lugar a confusión.
0
0
0
s2sdefault