Concello de Sanxenxo - SANXENXO LEVARÁ A PLENO UN INCREMENTO DO IBI, DO 0,40% ACTUAL AO 0,48%
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta actualización do recibo supón unha subida de 39,93 € anuais no recibo medio que é de 199,67 €
 
O goberno leva á comisión de Contas que se celebrará a próxima semana e, posteriormente, ao Pleno do 25 de setembro a aprobación dunha actualización do IBI, do imposto de vehículos e a creación da taxa de transmisión de datos que asumirán as compañías de telefonía. Durante o últimos sete anos Sanxenxo tivo o IBI no mínimo legal, o 0,40% porque así o promoveu o PP, primeiro desde a oposición en 2016, forzando unha redución do 0,48% ao 0,44%. Posteriormente, xa desde o goberno en 2017, o PP e SAL aprobaron unha nova redución do 0,44% ao 0,40%.
O goberno toma esta decisión polo incremento do custo dos servizos municipais. Especialmente significativo é o caso da iluminación pública ou a mellora de servizos sociais como o Servizo de Axuda non Fogar cuxos custos se duplicaron. Ademais, están previstas outras melloras nos próximos meses. A actualización do IBI permitirá seguir mantendo o nivel de calidade das prestacións que merecen os veciños e que necesita un destino turístico que aspira a seguir mellorando. É unha subida razoable, que supoñerá un incremento de 39,93 € anuais no recibo medio que é de 199,67 €. Aínda así, Sanxenxo seguirá tendo o IBI máis baixo que concellos da contorna ou similares, por exemplo, O Grove (0,58%), Pontevedra (0,64%), Marín (0,55%) e Vilagarcía (0,51%). O goberno tamén expón unha actualización do imposto de vehículos en dous tramos dos turismos.
No tramo B, que corresponde a turismos entre 8 e 11,99 cv fiscais, o recibo increméntase en 10 € anuais dos 40,08 € actuais a 50,01 €, lonxe do máximo que permite a lei que é de 68,16 €. No tramo C, turismos de 12 a 15,99 cv fiscais, o incremento é de 21 € anuais, dos 84,60 € actuais a 105,75 €, tamén lonxe do máximo que son 143,88 €. O imposto de vehículos non se modificou no últimos seis anos, nin sequera actualizouse en base ao IPC, algo habitual noutros concellos.
Por último, o goberno atendendo a recomendación da Federación Española de Municipios e Provincias, por mor dunha sentenza do Tribunal Supremo, propón a creación da taxa de transmisión de datos de telefonía, que establece que as operadoras terán que pagar o 1,5% da súa facturación ou ingresos brutos.
0
0
0
s2sdefault