Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO ABRE O PRAZO PARA A ACTUALIZACIÓN DO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno dará conta deste trámite no próximo Pleno e poñerase en marcha a partir do 1 de outubro 
 
O Concello de Sanxenxo abrirá a partir do 1 de outubro o prazo para a actualización do Rexistro Municipal de Asociacións. O obxectivo, ademais de dar cumprimento á normativa vixente de administración electrónica, é consolidar e simplificar a comunicación entre o tecido asociativo e a propia administración local, así como contar cunha radiografía real dos colectivos do municipio. O goberno dará conta deste trámite no próximo pleno do día 25 e poñerase en marcha a partir do 1 de outubro. Este documento actualizado permitirá ao Concello coñecer os seus fins e a súa representatividade, posibilitar o fomento do asociacionismo e mellorar a xestión dos recursos municipais tanto de instalacións como de posibles liñas de axudas, sempre baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade. O Concello poñerá, ademais, a disposición dos colectivos o asesoramento e orientación de técnicos municipais para a resolución de dúbidas relacionadas cos trámites do rexistro. As asociacións que o precisen deberán chamar ao Concello de Sanxenxo (986 720 075) e solicitar cita.
Os colectivos deberán presentar asinados dixitalmente polo representante legal os seguintes datos:
• Estatutos da asociación
• Número de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións e noutros rexistros públicos.
• Nomes das persoas que ocupen os cargos directivos
• Domicilio Social • Orzamento do ano en curso
• Programa ou memoria de actividades do ano en curso
• Certificación do número de socios As asociacións rexistradas estarán obrigadas a actualizar calquera modificación que se produza nos seus datos de rexistro no prazo dun mes.
0
0
0
s2sdefault