Concello de Sanxenxo - REPRESENTANTES DE 116 PAÍSES DO MUNDO DANSE CITA NO XXXVI CONGRESO MUNDIAL DE TRIATLÓN QUE SE CELEBRA EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O desenvolvemento do evento no municipio está a supor un importante impacto económico no sector turístico, hostaleiro e comercial

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, inaugurou esta mañá no Hotel Carlos I Silgar o XXXVII Congreso Mundial deTriatlón que se celebra no municipio e no que se dan cita ao redor de 200 representantes de 116 países do mundo. O Concello que forma parte do comité organizador das Series Mundial de Triatlón que se celebran en Pontevedra quixo colaborar co financiamento deste congreso a través dun convenio asinado coa Federación Española de Tríatlon, así como coa posta a disposición da ampla rede de aloxamento turístico do que dispón o municipio.
Martín asegurou esta mañá que para Sanxenxo é "un pracer formar parte das Series Mundiais de Triatlón con este congreso no que se dan cita federacións de 116 países do mundo e onde poderedes compartir as vosas vivencias nun deporte apaixonante como é o Triatlón" e incidiu en que "con esta cita trazamos unha alianza que me gustaría perdurase no tempo". O alcalde destacou a "profesionalidade e experiencia" do sector turístico para acoller grandes eventos e dar resposta ás necesidades dos visitantes.

Na mesma liña, destacou que "Sanxenxo é o primeiro destino turístico do norte de España durante o verán e a nosa paisaxe de costa e interior son auténticas postais de viaxe que vos convido a gozar en calquera momento do ano".

Tanto desde o CETS como desde Aviturga destacan o importante impacto económico da cita na rede de aloxamentos do municipio e o reforzo do posicionamento da marca Sanxenxo a nivel internacional. Case todos os hoteis que están abertos, así como vivendas turísticas dispoñibles neste momento contan con hóspedes relacionados coas probas dunha ou outra maneira, tanto organizadores como deportistas ou familiares de atletas. As reservas van desde catro a seis días na maioría dos casos.

Expositor turístico en Pontevedra
Ata o vindeiro domingo, Sanxenxo contará cun expositor de promoción turística na Avenida de Montero Ríos en Pontevedra con material promocional do destino. O expositor que conta cun informador estará aberto en horario continuado de 10 a 20 horas. O concelleiro de Turismo, Juan Deza, acudiu esta mañá á caseta e percorreu tamén os mostrarios que Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia teñen no mesmo paseo.

0
0
0
s2sdefault