Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLE O PRIMEIRO CAMPIONATO DE PESCA DESDE EMBARCACIÓN FONDEADA MARAGOTA BOATS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 A proba deportiva terá lugar o vindeiro sábado, 7 de outubro, en zona libre dentro da Ría de Pontevedra 
 
Sanxenxo acollerá o primeiro Campionato de Pesca desde Embarcación fondeada Maragota Boats o vindeiro sábado, 7 de outubro. A zona para realizar as capturas será libre dentro da Ría de Pontevedra e a 3 millas oeste do límite exterior de Ons, exceptuándose aquelas en as que non estea permitido. A proba organizada pola empresa de servizos náuticos Maragota Boats e o Club Náutico de Portonovo nace coa intención de abrir o abanico de actividades que se realizan no municipio e dar resposta a un importante número de afeccionados á pesca deportiva. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, acompañado de Sandra Dopazo e Lida Sueiro, de Maragota Boats, e de María José López, do Club Náutico de Portonovo, presentaron a cita na que se repartirán máis de 3.000 euros en 4 premios, tres colectivos e un individual para a peza de maior tamaño. Entre os premios atópase un Trolling Motor, unha canle VHF e material de pesca. Cada embarcación poderá levar un máximo de cinco participantes que poderán realizar as capturas permitidas con cebos naturais en estado vivo ou en conserva sen ningún tipo de químico. A proba dará comezo ás 9 horas, pero media hora antes abrirase o control de firmas de todos os participantes no porto. Ás 13:30 horas todos os barcos deberán estar no porto e trasladar as especies recollidas á lonxa para pesar. As inscricións poderán realizarse ata as 19:00 horas do día 4 de outubro de 2023 por escrito nas oficinas de Club Náutico de Portonovo, ou por correo electrónico, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., debendo estar a documentación en po a.sesión da organización. A inscrición terá un custo de 20 euros e inclúe comida, camiseta e gorra.
0
0
0
s2sdefault