Concello de Sanxenxo - SANXENXO PARTICIPA NO XVI ENCONTRO DE CIDADES EDUCADORAS: CIDADES QUE COIDAN E ACOLLEN” EN XIXÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 A concelleira de Educación, Nati Parada, asistiu ao encontro co obxectivo de “extrapolar ideas” a Sanxenxo

A concelleira de Educación, Nati Parada, xunto á técnica da área, asistiu estes días ao XVI Encontro da Rede Estatal de Cidades Educadoras "Cidades Educadoras: cidades que coidan e acollen". A Asociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE) é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída como unha estrutura permanente de colaboración entre os gobernos locais comprometidos coa Carta de Cidades Educadoras, que é a folla de roteiro das cidades que a compoñen. Este congreso considérase unha excelente oportunidade para a formación e coñecemento de experiencias e iniciativas que levan a cabo no ámbito educativo. Participaron máis de 200 representantes procedentes de 80 cidades membro. “Este encontro é unha fonte de inspiración e de ideas. Algunhas delas perfectamente extrapolables a Sanxenxo que nos axudarán a poñer en marcha medidas innovadoras coas que mellorar a calidade educativa e a integración coa contorna”, asegura Parada. A AICE intégrana 500 cidades de todo o mundo e estrutúrase segundo as seguintes redes territoriais: Brasil, Asia-Pacífico, Latinoamérica, Europa Central, España, Italia, Portugal e Francia. Sanxenxo pertence á AICE desde o ano 2002. De Galicia contan con representación, ademais de Sanxenxo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Santiago.

0
0
0
s2sdefault