Concello de Sanxenxo - SANXENXO PON EN MARCHA A EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL SAUDABLE PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA NOS CENTROS ESCOLARES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As concelleiras de Educación, Nati Parada, e a de Servizos Sociais, Paz Lago, visitaron esta mañá o colexio da Florida durante a actividade 

Dentro da programación de “Sanxenxo. Concello libre de violencias machistas”, impulsado dende os departamentos municipais de Educación e de Servizos Sociais, ponse en marcha, un ano máis, o proxecto de “Relacións afectivo sexuais saudables para a prevención das violencias machistas” nos centros escolares. A concelleira Nati Parada e Paz Lago visitaron esta mañá o colexio da Florida onde se estaba desenvolvendo a actividade acompañadas do director, Pedro Padín.

Os destinatarios desta formación é o alumando de 6º de Primaria e 2º da ESO con talleres de 50 minutos cada un. A adolescencia consiste nunha etapa vulnerable onde comezan a producirse as primeiras relación afectivo- sexuais entre os iguais. Nesta proposta, o Concello busca traballar a educación afectivo-sexual en obradoiros a través da coeducación afectivo-sexual.

A educación neste tipo de temas tende a ser deficiente e con fontes quizáis non axeitadas, co cal, traballalo de forma directa, con profesionais cualificados e cunha programación específica, supervisada polas profesionais do CIM, resulta un recurso educacional indispensable para comezar o traballo na educación afectivo sexual de forma axeitada.

Este proxecto está dividido en diversas accións, cada unha con diversas actividades,  co alumnado dos seguintes centros educativos: O Cruceiro de Vilalonga, Magaláns, Nantes, A Florida, O Telleiro, IES Sanxenxo, IES Vilalonga CEIP Portonovo e o Colexio Plurilingüe Abrente.

A formación está pensada en catro sesións nas que se traballará as relacións en igualdade, os estereotipos, e os roles e crenzas limitantes ou erróneas. Tamén se prevén dúas sesións coas familias para abordar posibles dúbidas e onde se presentarán as conclusións dos talleres cos escolares.

Trátase dunha actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2023.

0
0
0
s2sdefault