Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECUPERA A ZONA DE ESCALADA NO CANTIL DE PUNTA FAXILDA CON ANCORAXES HOMOLOGADAS DE TITANIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, destaca a nova instalación deportiva de “unha modalidade en auxe e un novo atractivo turístico”
 
Sanxenxo suma unha nova modalidade deportiva coa recuperación da zona de escalada en Punta Faxilda, única en cantil do noroeste de España. O Concello en colaboración co Club Aromon e a Federación Galega de Montañismo recuperaron o espazo, inicialmente descuberto como zona de escalada por Anxo Rial en 1998, equipador deste tipo de áreas, con ancoraxes de aceiro inoxidable. A acción corrosiva do mar desgastou os agarres e perderon fixación. Cun investimento que roza os 10.000 euros, o cantil de Punta Faxilda conta agora con ancoraxes de titanio, homologados pola federación, verificados e resistentes para facer unhas vías cunha dificultade media. Inicialmente habilitáronse 13 roteiros agora súmanse catro novas máis. Ademais, mellorouse a sinalización do roteiro con indicadores informativos. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, destaca a nova instalación na parroquia de Noalla como unha “modalidade en auxe e un novo atractivo turístico para vir ao municipio”. Na actualidade, hai en Galicia 6.000 escaladores federados e no territorio nacional 120.000, segundo datos da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada. “Estes datos dannos un bo sinal da repercusión deste deporte na actividade turística do municipio”, explican desde o Club Aromon. A zona xa está acondicionada para a práctica da escalada. O Club Aromon realizará unha xornada demostrativa a próxima primavera con deportistas locais para a iniciación da escalada.
0
0
0
s2sdefault