Concello de Sanxenxo - SANXENXO REXISTRA UN NOVO RÉCORD EN SETEMBRO CON 123.119 PERNOITAS HOSTALEIRAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As cifras do INE contabilizan un total de 128 establecementos abertos e un grao de ocupación medio de 52,24%
 
Sanxenxo rexistra un novo récord en setembro con 123.119 pernoitas hostaleiras, unha cifra lixeiramente superior á lograda no mesmo período de 2019, 122.971 aloxamentos, segundo as cifras manexadas polo Instituto Nacional de Estatística que deu a coñecer os datos do pasado mes. O dato de setembro mantén a Sanxenxo como líder en pernoitas en Galicia respecto a outros puntos turísticos como A Coruña (92.022), O Grove (40.604) ou Vigo (98.933) e no norte de España, por diante de Bilbao (106.162). Con todo, a cifra de Sanxenxo foi superada por outros destinos turísticos como Santiago (177.926) e San Sebastián (187.262). Cabe destacar que as pernoitas hostaleiras en Sanxenxo son só unha parte do total das prazas de aloxamentos turísticos (9.415), xa que o municipio conta con 54.833 en segundas residencias,13.365 en vivendas de uso turístico, 4.773 en cámpings e 2.767 en apartamentos turísticos. Setembro posiciónase con estes datos como o terceiro mes da tempada alta xunto a xullo e agosto cunha gran vantaxe respecto a as pernoitas rexistradas en xuño de deste mesmo ano, 78.322. En canto ao número de establecementos abertos, o INE contabiliza128 con 7.712 prazas e un grao de ocupación medio de 52,24% e un total de 1.173 persoas empregadas.
0
0
0
s2sdefault