Concello de Sanxenxo - O CENTRO DE ARTE INICIA O SEU CICLO DE EXPOSICIÓNS NO VESTÍBULO DO AUDITORIO EMILIA PARDO BAZÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Cultura, Elena Torres, inaugurou a mostra xunto á autora das pezas da mostra, Margarita Outón
 
O Centro de Arte inicia o seu ciclo de exposicións no vestíbulo do Auditorio Emilia Pardo Bazán. A concelleira de Cultura, Elena Torres, inaugurou a primeira mostra deste novo curso coa autora das obras, Margarita Outón, que poderá visitarse ata o 30 de novembro. Trátase de 12 pezas de pequeno e mediano formato realizadas na súa maioría ao óleo. Nelas reúne unha serie de imaxes de paisaxe e natureza de inspiración realista. “Sempre me gustou garabatear e pintar faime moi feliz. Un papel ou un lenzo en branco parécenme a combinación perfecta para xogar e crear. O mar é un dos meus motivos favoritos. Hai varias mariñas entre as miñas obras”, explica Outón. “Para aprender é bo tocar diferentes temáticas e iso é o que tentei facer. Agradezo moito ter a oportunidade de practicar e aprender no Centro de Arte de Sanxenxo coa nosa profesora María Vázquez. As clases de pintura foron para min como abrir unha xanela a outro mundo”, asegura. O obxectivo é a participación activa do alumnado do grupo de adultos para a dinamización social e cultural, así como poñer en valor o traballo realizado por cada un deles de forma individualizada.
0
0
0
s2sdefault