Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DOTA A TODAS AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE DESFIBRILADORES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, entregou hoxe os DESA aos presidentes dos clubs do Sanxenxo, Noalla, Vilalonga e Portonovo 

O Concello de Sanxenxo dota a todas as instalacións deportivas municipais de desfibriladores. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, fixo entrega dos equipos DESA aos presidentes dos clubs de fútbol do Sanxenxo, Noalla, Vilalonga e Portonovo para que se instalen nun lugar visible e accesible para o seu uso nos campos de Baltar de Arriba, de Baltar, de Noalla e de O Revel. Ata o de agora, só había desfibrilador no campo de San Pedro. Xunto aos equipos instalados nos pavillóns de Vilalonga e Baltar, todos os espazos deportivos municipais quedarán cardioprotegidos. O investimento total rolda os 7.000 euros e realizouse con fondos municipais. “A intención do goberno é continuar cunha instalación progresiva de DESA polo resto de edificios municipais. Somos xa dos poucos concellos que temos desfibriladores en praias, cun total de 12, e queremos seguir ampliando os espazos”, explicou Guisasola. Este proceso irá acompañado da formación por parte do servizo de Emerxencias de Sanxenxo dos adestradores e presidentes dos clubs municipais para que poidan realizar un uso adecuado e eficaz.

0
0
0
s2sdefault