Concello de Sanxenxo - UNHA PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA E MUSICAL E A PRESENTACIÓN DO PUNTO VIOLETA CENTRARÁ A CONMEMORACIÓN DO 25-N
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Viaxes Interrías FF enfrontarase este sábado, ás 17 horas, ao Real Madrid nun partido contra a violencia machista e a favor da igualdade

Sanxenxo continúa este mes de novembro coas actividades dedicadas ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero enmarcada no programa "Sanxenxo. Concello libre de violencias machistas" dirixido desde as concellarías de Servizos Sociais, a través do CIM, e de Educación. Coa intención de implicar aos distintos sectores da sociedade e trasladar unha mensaxe transversal de igualdade e contra a violencia contra a muller, o Concello de Sanxenxo conta cun amplo programa no que o deporte xoga un papel fundamental.

As concelleiras de Servizos Sociais e Educación, Paz Lago e Nati Parada, xunto ao presidente do club de fútbol Viaxes Interrías FF, Enrique Rodríguez, presentaron as actividades previstas para o 25-N e o partido de fútbol que se disputará este sábado entre as Viaxes Interrías FF e o Real Madrid, ás 17 horas, no campo do Revel. Un partido que se xogará baixo a lema "Este partido é de todos e todas" como emblema da loita contra a violencia machista e a favor da igualdade no deporte. Durante o partido estenderase unha pancarta reivindicativa e farase o intercambio de brazaletes morados. Xa no marco do acto central do 25-N o club dará a coñecer un vídeo elaborado polas propias xogadoras coa lema "Non é non".

O propio Día Internacional contra a Violencia, o Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá un acto no que a partir das 19 horas emitirase unha proxección fotográfica e musical contra a violencia de xénero na que participan de forma activa as asociacións de mulleres de Sanxenxo, o taller de memoria e a Banda de Música de Sanxenxo. "Unha proxección que busca espertar emocións dende o medo ata a liberación", asegurou Nati Parada.

A psicóloga e autora do libro "Que sexa amor do bo", veciña de Dorrón, Marta Martínez, encargarase da lectura do manifesto. Durante o acto presentarase tamén o punto violeta do Concello de Sanxenxo. Repartirase material de sensibilización e prevención entre o público.

Desde esta mañá, queda colgada a lona de "Sanxenxo. Concello libre de Violencoas machistas" no balcón de Alcaldía.

0
0
0
s2sdefault