Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 31 ESCOLARES DE SANXENXO PARTICIPARÁN NA COMITIVA DA CABALGATA DE REYES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os departamentos de Educación e Cultura realizaron un sorteo entre o alumnado de Primaria dos colexios do municipio

Os nenos e nenas do municipio terán un papel protagonista na comitiva da Cabalgata de Reis en Sanxenxo. Os departamentos de Cultura e Educación, dirixidos por Elena Torres e Nati Parada, en colaboración con persoal municipal de Animación Sociocultural, realizaron un sorteo entre o alumnado de Primaria dos colexios do municipio. Serán en total e por motivos de seguridade 31 nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, que viaxarán a bordo do Tren Mago acompañando a Melchor Gaspar e Baltasar que se desprazarán en coches antigos convertibles o próximo 5 de xaneiro.

Os centros educativos colocaron, ademais, na decoración que este ano se realizou nas cristaleiras do Pazo de Emilia Pardo Bazán con debuxos en distintas figuras que previamente repartiu o Concello polos colexios: estrelas, gorros de Papa Noel, bólas de árbore de Nadal... Tamén os alumnos e alumnas do Centro de Artes colaboraron coa decoración do Pazo coa colocación de bólas colgantes confeccionadas durante as clases.

Belén con selo propio
Por primeira vez, a entrada da oficina de Turismo de Sanxenxo conta cun bonito belén do Nadal cedido por unha veciña de Dorrón, Belén Freijeiro. O Nacemento que pode contemplarse en horario de apertura da oficina conta con estruturas de madeira feitas artesanalmente e mesmo coa ermida da Lanzada. "É un Belén diferente, ao estilo galego, e con guiños a Sanxenxo", explica Freijeiro. Neste Belén o río desemboca no mar onde se pode contemplar un faro e embarcacións nunha típica estampa galega. Hai un muíño de vento e ata un castelo, con espazos coidados ata o máis mínimo detalle.

0
0
0
s2sdefault