Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL PATRICIA PENAVELLA TOMA POSESIÓN DO SEU CARGO EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde Telmo Martín presidiu esta mañá a toma de posesión da nova axente, Patricia Penavella, que se incorpora ao persoal da Policía Local de Sanxenxo. Ao acto que tivo lugar no salón de Plenos asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Xoán Pérez, así como compañeiros. Penavella, natural de Arcade, xurou o seu cargo para incorporarse á actividade no municipio.

Tras pasar dous veráns en prácticas en Sanxenxo coñece perfectamente o método de traballo da comisaría. "O bo ambiente que hai nesta comisaría e o traballo na rúa fixeron que Sanxenxo fose sempre a miña primeira opción como destino", asegura Penavella.

O alcalde deulle a benvida e agradeceulle que elixise Sanxenxo para desenvolver a súa vida laboral. "A Policía Local forma parte da carta de presentación do noso concello como municipio turístico e tamén é o servizo ao que recorre en primeira instancia un veciño ou veciña que precisa axuda. É esencial que funcione ben. Benvida a Sanxenxo", dixo.

A Policía Local queda agora formada por 20 axentes sendo unha dos poucos persoais da comarca que atende as 24 horas durante todo o ano.

0
0
0
s2sdefault