Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO CANCELA O PROCESO DE REVISIÓN DO PADRÓN DE VAOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno toma esta decisión tras detectar incongruencias na tramitación do procedemento coa ordenanza en vigor de 1998

O Concello de Sanxenxo decidiu cancelar o proceso de revisión do padrón de vaos iniciado polo Oral tras detectar incongruencias e contradicións na aplicación da ordenanza fiscal vixente aprobada hai máis de 25 anos. O goberno toma esta decisión a raíz do malestar veciñal e tras comprobar discordancias entre a realidade actual do municipio e a ordenanza en vigor, o que provocaría unha aplicación imprecisa e prexudicial para moitos veciños.

Tal e como se informou hai unha semana, o goberno traballa na elaboración do novo regulamento e da nova ordenanza fiscal de vaos nos que se reflectirá de forma clara os dereitos e deberes dos veciños que fagan un aproveitamento especial da vía municipal. Unha vez aprobadas as novas ordenanzas, o Concello insta os veciños a regularizar a súa situación coa pertinente solicitude de vao para evitar a súa entrada en procesos de revisión que impliquen pagos retroactivos.

0
0
0
s2sdefault