Concello de Sanxenxo - COMEZA O FRESADO PARA O POSTERIOR ASFALTADO DE DOUS VIAIS EN NOALLA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Son en total case 500 metros de dúas pistas que van desde o O Telleiro ata Talleres Arbón

A empresa adxudicataria do plan de asfaltados de Sanxenxo iniciaron esta mañá os traballos en dous viais de Noalla que van desde O Telleiro ata Talleres Arbón. Son en total 456 metros lineais. No primeiro tramo, Telleiro- Hotel Lanzada inclúese os traballos de limpeza e despexe de cunetas e bordos de ambas as marxes da calzada, refuerzo de firme, fresado e resposición de firme, bandas transversais de redución de velocidade, recrecido de pozos e pintura viaria. No segundo tramo, de Telleiro ata Talleres Arbón, inclúese o despexe e limpeza de cunetas e bordos, drenaxe, ensanche da plataforma, regularización e reforzo do firme, bandas transversais de redución de velocidade, recrecido de pozos e senda peonil.

En total realízanse 16 asfaltados nas sete parroquias que abarcan unha superficie lineal de 5.274 metros e inclúense a limpeza e apertura de cunetas, recrecidos de pozos e pintados. Trátase dunha actuación que permite mellorar a seguridade do viario destas estradas ao mellorar o seu firme, nalgúns casos notablemente deteriorado, o que dá lugar a situacións de risco e inseguridade para os usuarios.

0
0
0
s2sdefault