Concello de Sanxenxo - SANXENXO INICIA OS TRÁMITES PARA A REDACCIÓN E IMPLEMENTACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN DA AXENDA URBANA 2030
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O documento é un elemento fundamental para poder acceder a axudas económicas dependentes de fondos europeos

O Concello de Sanxenxo contratou a redacción, implementación, planificación, seguimento e avaliación do Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 que permitirá estruturar a planificación da estratexia municipal, sendo un elemento fundamental para poder acceder a axudas económicas dependentes de fondos europeos. O documento que está impulsado desde o departamento de Urbanismo, dirixido por María Deza, ten un carácter transversal e afecta a todos os departamentos e áreas do goberno.

Sanxenxo cumpre cos requisitos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para ser unha área urbana: O seu núcleo urbano está densamente poboado, o peso do sector servizos é igual ao dunha poboación media de 20.000 ou 50.000 habitantes, teñen un crecemento vexetativo positivo e inclúese dentro dos municipios con potencial de acollida alto.

O deseño da axenda urbana para Sanxenxo seguirá o seguinte esquema: Diagnóstico da área urbana, elaboración do marco estratéxico sobre o modelo de cidade, proceso de participación cidadá e social e elaboración do Plan Estratéxico de Acción Local. O diagnóstico da Axenda Urbana deberase relacionar con cada un dos 10 obxectivos estratéxicos que se expoñen no documento da Axenda Urbana Española que á súa vez está aliñadas coa nova axenda Urbana Habitat III, a Axenda Urbana para a UE e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Entre os obxectivos que se marcarán na axenda atópanse:

  • Ordenar o territorio e facer un uso racional do chan, conservalo e protexelo.
  • Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente.
  • Previr e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia.
  • Facer unha xestión sustentable dos recursos e favorecer a economía circular.
  • Favorecer a proximidade e a mobilidade sustentable.
  • Fomentar a cohesión social e buscar a equidade.
  • Garantir o acceso á vivenda.
  • Liderar e fomentar a innovación dixital.
  • Mellorar os instrumentos de intervención e gobernanza.

Dentro destes obxectivos desenvólvense ata 29 liñas de actuación. Dentro deste proceso inclúense os seguintes pasos: A realización dunha consulta cidadá, decidir as actuacións a realizar, redacción do borrador de axenda, revisión e modificación do borrador e presentar a axenda definitiva.

0
0
0
s2sdefault