Concello de Sanxenxo - A MALA CLIMATOLOXÍA DE NOVEMBRO NON FREA O CRECEMENTO TURÍSTICO DE SANXENXO EN TEMPADA BAIXA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As cifras de facturación do parking de Nauta tamén aumentaron respecto ao mesmo mes do ano pasado ao pasar de 13.904 a 14.689 euros

Sanxenxo continúa co seu constante crecemento en tempada baixa batendo as cifras turísticas de anos anteriores. O último balance do INE, referido só a pernoitas hostaleiras, rexistra un total de 22.095 aloxamentos fronte aos 20.098 rexistrados no mesmo período do ano anterior. Pese ao mal tempo que caracterizou o mes de novembro con continuos temporais e choivas, o interese dos visitantes por Sanxenxo segue crecendo independentemente da climatoloxía. Tamén son reseñables outros parámetros como o número de establecementos hostaleiros abertos, 18 fronte aos 11 de 2022; o persoal empregado, 377 fronte a 333 e as prazas estimadas dispoñible, de 1.700 ás 1.190. En canto ao número de viaxeiros, aloxados en hoteis, o INE sinala 10.060 en 2023 e 7.875 en 2022.

Cabe destacar que as pernoitas hostaleiras en Sanxenxo son só unha parte do total das prazas de aloxamentos turísticos (9.415), xa que o municipio conta con 54.833 en segundas residencias,13.365 en vivendas de uso turístico, 4.773 en cámpings e 2.767 en apartamentos turísticos. A principios do próximo ano, o estudo Big Data encargado pola Mancomunidade do Salnés no que se aborda o comportamento real dos desprazamentos de turistas nacionais e internacionais ao municipio a través da análise do 'big data' e a xeolocalización do móbil.

Os datos de facturación do parking de Nauta tamén reflicten o crecemento da actividade económica, a pesar de estar activas as dúas horas gratis para veciños e veciñas. O aparcadoiro público do porto recadou 14.688 euros durante o mes de novembro e rexistrou ata 6.294 tránsitos. A estancia media de vehículos foi dunha hora e vinte. Cabe lembrar que Sanxenxo ten varios aparcadoiros disuasorios en activo no centro da vila con numerosas prazas de estacionamento como a que se atopa enfronte do Hotel Terraza, o de detrás do Templo Novo ou a parcela do mercado de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault