Concello de Sanxenxo - A ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS PRESENTOU NO IES DE VILALONGA EN SANXENXO O SEU PROGRAMA PILOTO MAN A MAN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

 

  • Dita iniciativa propón unha colaboración interxeracional, cun modelo efectivo-afectivo, que vincula aos netos e adolescentes coma promotores de acceso na xestión farmacoterapéutica dos seus avós e maiores
  • En colaboración co Concello de Sanxenxo e a Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades, celebrouse unha sesión informativa con alumnado de 1º e 2º de Bacharelato deste centro educativo
  • Na presentación efectuada hoxe estiveron presentes, entre outros responsables e colaboradores, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, o xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades, César Perez Ares e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín González

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés presentou hoxe a alumnado de 1º e 2º de bacharelato do IES de Vilalonga en Sanxenxo o seu programa piloto Man a man, que propón unha iniciativa interxeracional cun modelo efectivo-afectivo que vincula aos netos e adolescentes coma promotores de acceso na xestión farmacoterapéutica e de saúde dos seus avós (citas médicas, axuda en recollida da medicación, interese polo seu plan de medicación, colaboración na elaboración do “pastillero”) sempre utilizándoo como tempo de calidade, interactuando cos seus maiores.

Dito programa piloto -en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades e o Concello de Sanxenxo- contou cunha sesión informativa impartida a arredor de 270 alumnos do IES de Vilalonga, onde se lles propuxo a oportunidade de aunar a dúas xeracións, a dos adolescentes nativos dixitais con persoas maiores cunha gran fenda dixital.

Segundo sinalou hoxe a promotora e deseñadora desta iniciativa e subdirectora de Prestación Farmacéutica da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Nuria Iglesias Alvarez “este proxecto xurdiu do reto de achegar aos xóvenes e os seus coñecementos informáticos ás persoas maiores con enfermidades crónicas, onde o uso eficaz e seguro da súa medicación, xunto con outras ferramentas de xestión da súa saúde, son a clave para acadar unha vellez independente e cunha axeitada calidade de vida”.

 

Traballo en equipo de adolescentes e pacientes crónicos

Man a man promove o traballo en equipo entre adolescentes e pacientes crónicos, que tamén contribúe a diminuír os incidentes relacionados coa seguridade clínica. Así mesmo, aproveita o uso por parte da xuventude das redes sociais coma medio de socialización e entretemento e coma ferramenta para facerlles partícipes dos asuntos domésticos, vencellándolles nas dinámicas familiares e para colaborar cos seus maiores coas mensaxes: “anímate a axudarlles, a coñecelos, atrévete a coidalos como eles coidáronche a ti, atrévete a participar, atrévete a coñecer as pastillas que toman os teus avós”.

Obxectivos complementarios

Así mesmo, este programa piloto auspiciado pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés quere aumentar a adherencia aos tratamentos, diminuír os atrancos relacionados cos medicamentos e os eventos adversos evitables relacionados coa farmacoterapia.

Ademáis, pretende aumentar a sustentabilidade ambiental a través da diminución de sobrantes de medicación, aumentando a satisfacción de maiores e adolescentes na experiencia vivida nos seus coidados.

Este proxecto desenvolveráse en distintas etapas, a primeira xenera a motivación e adhesión dos adolescentes, en coordinación coa Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades, a concellería de Servizos Sociais e Maiores do Concello de Sanxenxo e os profesionais de Farmacia de Atención Primaria do centro de saúde Baltar, nunha actividade comunitaria destinada á promoción e protección da saúde.

Para iso, elaborouse material audiovisual en formato Instagram, dado que esta ferramenta representa unha oportunidade para lanzar a iniciativa con fin colaborativo e incluso humanitario, que ofrece a posibilidade de formar e empoderar aos adolescentes desde unha perspectiva participativa, que lles involucra na toma de decisións en programas que lles conciernen.

Os participantes neste programa Man a man tamén poderán facer chegar as súas dúbidas, con comunicación aberta e permanente e unha escoita activa.

Na presentación desta iniciativa efectuada hoxe no IES de Vilalonga estiveron presentes, entre outros responsables e colaboradores, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, o xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades, César Perez Ares e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín González.

Envellecemento e diminución da fenda dixital

Cómpre sinalar que Galicia é a terceira comunidade autónoma española máis envellecida e nun 23,58% dos fogares todos os seus membros son maiores de 65 anos, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de decembro de 2022. Arredor dun 28% das persoas maiores de 65 anos con enfermidades crónicas vive soa en España.

En Galicia, preto de 140.000 fogares son unipersoais, habitados por persoas maiores de 65 anos e moitos deles, presentan situacións de soidade non desexada. Coa diminución da súa fenda dixital, minimizaráse a posibilidade de eventos adversos cos medicamentos ou a perda da súa efectividade.

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

0
0
0
s2sdefault