Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECOLLE OS DIPLOMAS Q DE CALIDADE PARA 16 PRAIAS, A OFICINA DE TURISMO E O PORTO DEPORTIVO JUAN CARLOS I
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo volveu destacar pola súa aposta pola calidade. A tenente de alcalde, María Deza, recolleu onte en Madrid os distintivos, outorgados polo Instituto para a Calidade Turística Española ás Praias (ICTE), que avalan a calidade turística da Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Major, Montalvo, Panadeira, Silgar, Foxos, Pragueira Paxariñas, Area de Agra, Bascuas e O Espiñeiro, así como a do porto deportivo municipal Juan Carlos I que tamén logrou a "S" de sustentabilidade e a oficina de Turismo.

A XVII Entrega de Bandeiras "Q de Calidade Turística", "Safe Tourism Certified" e "S Sustentabilidade Turística" a praias e portos deportivos celebrouse na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles. Coincidindo con FITUR, a Gala tivo como obxectivo recoñecer ás empresas e organizacións turísticas que apostan pola Calidade e Sustentabilidade Certificadas. Máis dunha ducia de empresas privadas de Sanxenxo vinculados ao turismo recolleron a certificación de calidade.

Trátase dun acto que anualmente convoca o ICTE co obxectivo de recoñecer a todos aqueles concellos que realizaron unha aposta decidida pola calidade, a sustentabilidade e a seguridade nas súas praias e portos deportivos. O obxectivo é subliñar a importancia da calidade certificada, segura e sustentable como ferramenta para afrontar os retos que o turismo ten por diante. "Sanxenxo mantén a súa aposta pola calidade como parte da clave do éxito turístico", sinala María Deza.

.

0
0
0
s2sdefault