Concello de Sanxenxo - OS MAIORES DE SANXENXO CLAMAN POLA PAZ NUN ACTO CELEBRADO NO CENTRO DE DÍA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Representantes de colectivos de xubilados, taller de memoria e ximnasia, así como usuarios do Centro de Día e SAF colgaron as súas mensaxes na árbore da vida

Máis dun centenar de maiores de Sanxenxo, usuarios dos servizos municipais como o Centro de Día, Taller de Memoria, Ximnasia para Adultos, Servizo de Axuda no Fogar, así clubs de xubilados das distintas parroquias déronse cita esta mañá nun acto celebrado no Centro de Día para clamar pola paz e a convivencia sen violencia. O acto, organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Maiores dirixida por Paz Lago, quixo dar voz aos maiores cunha xornada na que ademais de ler os seus desexos e os seus consellos para lograr a paz gozaron da boa música a cargo de Andrea Piano. "Quero agradecervos a todos que esteades aquí e que dende o primeiro momento quixerades participar nesta actividade", sinalou.

Lago incidiu no carácter das mensaxes. "Son mensaxes de felicidade, de ilusión e de ganas de vivir de tódolos colectivos de maiores do noso municipio que quixemos concentrar non Centro de Día", indicou.

Ao acto tamén se sumaron a concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez; a directora do Centro de Día, María Insua, así como persoal de Servizos Sociais, do Taller de Memoria e de Axuda no Fogar. Estas últimas encargáronse de traer a mensaxe de usuarias do servizo. Todas as mensaxes colgáronse á entrada do Centro de Día nunha árbore bautizada como a Árbore da Vida.

A xornada seguiu dentro cos participantes no acto e os usuarios do Centro de Día co repertorio musical de piano de Andrea Piano.

0
0
0
s2sdefault