Concello de Sanxenxo - SANXENXO DÁ LUZ VERDE A UN ORZAMENTO PARA 2024 DE 45,2 MILLÓNS DE EUROS MARCADO POLO INVESTIMENTO SOCIAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As contas saíron adiante cos 10 votos a favor do PP e os 7, en contra do PSOE e do BNG

Sanxenxo aprobou esta mañá en sesión plenaria un orzamento total para 2024 de 45,2 millóns de euros dividido en cinco contas separadas: Concello (30,6M€), Terra de Sanxenxo (7,7 M€), Turismo (1,8 M€), Nauta Sanxenxo (2,2M€) e Ínsula (2,8 M€). O documento saíu adiante cos 10 votos a favor do PP e os 7, en contra do PSOE e do BNG.

A concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez, destacou o "gran investimento en gasto social ao que destinamos 3,1 millón de euros€ o que supón 170 euros por habitante. "Queremos subliñar o aumento da partida do Servizo de Axuda o Fogar, que se incrementa en 560.000 €, pasando de 790.000 a 1.350.000 o que nos permitirá atender ás 146 Familias que necesitan este servizo", sinalou. Actualmente aténdense a 76 familias e co incremento de horas prestarase servizo a 70 familias máis deixando a lista de espero a cero.

Martínez fixo referencia durante a súa exposición a un estudo da Asociación Española de Xerentes de Centros Sociais que conclúe que o gasto medio por habitante en España é de 94 euros por habitante. Sanxenxo inviste 170 euros por habitante o que está cualificado como excelente neste estudo", indicou. O orzamento do Centro de Día ascende a 654.000 euros e as das dúas escolas infantís 584.000 euros partidas que se incrementan ano tras ano. Ademas, hai unha partida de 421.000 euros para subvencións a distintas asociacións, clubs deportivos e deportistas individuais.

En Nauta, este ano vaise a levar a cabo o plan de usos do porto e será en 2025, cando está previsto que se empece a segunda fase do concurso de ideas de remodelación do porto. Insula licitará nos próximos días a primeira fase da construción do complexo multiservicios municipais por 2,6 millóns de euros no parque empresarial de Nantes cunha nave para Medio Ambiente e tamén as sedes da Policía Local e Emerxencias.

Outra das partidas destacadas por Martínez foi o investimento destinado á depuración, saneamento e auga. "Este ano vai ser sen dúbida o ano da depuración e do saneamento. Durante os dous vindeiros anos vanse investir 36 millóns de euros non convenio de Acuaes e as melloras que vai facer a concesionaria de augas", dixo. E nesta liña destacou a concelleira de Facenda que de todas as actuacións previstas ao longo deste ano, "valoradas en máis de 32 millóns de euros (1.881? por habitante), ou 85% proceden doutras administracións. Noutras palabras, que de cada euros investido, case seis son financiados por outras administracións".
Finalmente, Martínez tamén fixo referencia ao "sistema de limpeza, recollida de lixo, coidado de parques e xardíns e mantemento do rural que van experimentar un cambio revolucionario".

0
0
0
s2sdefault