Concello de Sanxenxo - DAVID ARGIBAY DOVAL E DANIEL NOYA PINTOS TOMAN POSESIÓN EN SANXENXO COMO POLICÍAS LOCAIS EN PRÁCTICAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio dispón de Policía Local durante as 24 horas do día e os 365 días do ano

Novo reforzo na Policía Local de Sanxenxo. David Argibay Doval e Daniel Noya Pintos tomaron posesión esta mañá como axentes en prácticas nun acto celebrado no salón de plenos. O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Seguridade Cidadá, Xoán Pérez Chaves e a xefa da Policía Local, Luisa Fariña, asinou a súa incorporación ao persoal municipal.

Agora continuarán co período de formación na Academia Galega de Seguridade Pública ata o mes de xuño cando volverán ao municipio para realizar as prácticas coincidindo co período de maior actividade. Está previsto que, a finais deste ano, finalicen a súa formación e incorpórense á Policía Local de Sanxenxo xa como axentes.

A Policía Local supón un gasto anual de 1.950.150 euros cun persoal fixo de 20 policías e 34 auxiliares que xa non se contratan só 2 meses no verán, senón tamén durante a tempada baixa debido ao incremento de visitantes. Cabe lembrar que Sanxenxo dispón de policía as 24 horas os 365 días do ano, algo pouco frecuente en concellos similares en poboación. A finais de ano, coa incorporación destes dous axentes, o persoal contará con 22 policías fixos.

0
0
0
s2sdefault