Concello de Sanxenxo - SANXENXO SIMULTANEA UN TOTAL DE DEZ OBRAS DE SANEAMENTO, ABASTECEMENTO E DEPURACIÓN EN DISTINTAS PARROQUIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras de saneamento e abastecemento de auga, así como de depuración, todas incluídas no marco do convenio con Acuaes, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, e o contrato da concesionaria Espina & Delfín mantén activas nestes momentos un total de dez obras en Sanxenxo. "O resultado destas obras suporán un antes e un despois no noso municipio cun orzamento total que rolda vos 36 millóns de euros", explicou o alcalde esta mañá durante a súa visita á obra de Areas.

Os traballos de Acuaes avanzan a bo ritmo coa construción de novos bombeos na Granxa e Areas, as tarefas previas á colocación do emisario submarino de Montalvo, as demolicións na depuradora de Paxariñas. Mentres Espina & Delfín, avanza coas obras de saneamento e abastecemento en Adina, Vilalonga, Noalla e a semana que vén darán comezo en Nantes.

O contrato con Espiña e Delfín contempla a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira, con novas infraestruturas de abastecemento de auga con sete actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga. O calendario contempla 59 actuacións no primeiro ano.

Respecto ao convenio asinado con Acuaes, en Sanxenxo executarase a ampliación da EDAR coa incorporación dun novo pretratamiento con catro liñas de tamizado e desarenado-desengrasado, un tratamento biolóxico e decantación secundaria con 4 liñas e un sistema de desinfección da auga tratada mediante ultravioleta, ademais dunha nova liña de lodos mediante espesamento e deshidratación.

Construiranse novas estacións de bombeo e impulsión en Raxó e Areas, e procederase á remodelación das de Sanxenxo e Espiñeiro. Tamén se ampliarán diferentes tramos da rede de colectores e impulsións que permitirán conectar estes bombeos coa nova EDAR.

Ademais, executaranse as obras dun novo emisario submarino en Montalvo, de 1.300 metros de lonxitude e 630 milímetros de diámetro, que substituirá ao existente. Por último, procederase á remodelación do colector da Avenida de Madrid, en Sanxenxo, e á adecuación da estación de bombeo e impulsión de Laño, en Poio.

0
0
0
s2sdefault