Concello de Sanxenxo - SANXENXO LOGROU EN MARZO UNHA TAXA DE PARO DO 7,2%, A MÁIS BAIXA DOS CONCELLOS GALEGOS DE MÁIS DE 10.000 HABITANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O parking de Nauta facturou 27.029 euros durante o pasado período de Semana Santa, a pesar da climatoloxía

Sanxenxo, 3 de abril de 2024.- As cifras do paro en Sanxenxo seguen en descenso. O municipio contabilizou o pasado mes de marzo 572 parados, 100 menos que o mesmo mes do ano pasado e 48 menos que en febreiro (620). Uns datos que sitúan a Sanxenxo coa taxa de paro no 7,27%, a cifra máis baixa dos concellos galegos de máis de 10.000 habitantes.

Un descenso no que influíu o período vacacional de Semana Santa e as contratacións do sector turístico que, en moitos casos, mantéñense xa ata despois do verán. E é que, a pesar de que, desde o punto de vista cuantitativo, é dicir, a porcentaxe de ocupación, as cifras de Semana Santa non foron as esperadas, Sanxenxo debe estar moi satisfeito. Coa peor climatoloxía posible, choiva, vento e frío, foron moitos os visitantes que recibiu Sanxenxo. Como xa confirmou o CETS non se produciron as cancelacións que se podía esperar da Semana Santa co peor clima en décadas.

En segundo lugar, Sanxenxo converteuse nun referente turístico das televisións nacionais. Rara é a semana na que os informativos ou magacíns de tv non fan unha conexión en directo desde Sanxenxo, recollen unhas declaracións de hostaleiros ou aparece unha imaxe da súa paisaxe. Xa sexa polas cuadriculas de Silgar na pandemia, as visitas do Rei Juan Carlos, as boas temperaturas da semana previa á Semana Santa ou polo contrario. O certo é que a cobertura televisiva creceu moito nos últimos anos.

Sanxenxo conseguiu o máis difícil, romper o estereotipo de que era un destino só de verán e que con mal tempo non hai visitantes. O municipio segue sendo o primeiro destino do norte no verán. E a pesar de que o bo tempo sempre mellora os datos de ocupación, Sanxenxo conseguiu ser un destino atractivo calquera fin de semana do ano, mesmo, aínda que a climatoloxía non acompañe.

De feito, as cifras de recadación do parking de Nauta, son un bo termómetro da actividade de visitantes a Sanxenxo, recadou 27.029 euros durante esta semana Santa apenas 3.600 euros menos que no mesmo período do ano pasado cando se rexistraron uns datos turísticos moi bos.

0
0
0
s2sdefault