Concello de Sanxenxo - O PAZO DE EMILIA PARDO BAZÁN ACOLLERÁ UN PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA A DIXITALIZACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A actividade, totalmente gratuíta, desenvolverase entre o 16 de abril e o 24 de maio

 

Sanxenxo, 5 de abril de 2024.- O Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá un programa de formación para a dixitalización de mulleres desempregadas. A actividade, totalmente gratuíta, desenvolverase entre o 16 de abril e o 24 de maio

O obxectivo é aprender a usar as novas tecnoloxías tanto para o día a día como para o traballo ou negocio e mellorar a empregabilidade

O programa está promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

Os requisitos para poder realizar a actividade é ser muller en situación de desemprego ou ter solicitada a mellora de emprego e vivir nas provincias de Pontevedra, Lugo ou Ourense. Tódalas mulleres participantes que rematen os tres módulos formativos levarán de agasallo un ordenador portátil.

A inscripción vai mediante o código QR do cartel adxunto, pero tamén hai un número de teléfono para poder chamar ou escribir whatsapp. O Concello de Sanxenxo colabora con este tipo de iniciativas que promovan a mellora de empregabilidade das mulleres da nosa contorna, así como o acceso ás novas tecnoloxías de forma sinxela e mediante unha formación guiada e moi práctica.

0
0
0
s2sdefault