Concello de Sanxenxo - SANXENXO E O GROVE PERFILAN O DISPOSITIVO DE SEGURIDADE DA MEDIA MARATÓN ENTRE RÍAS CON MÁIS DE 150 EFECTIVOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Telmo Martín e José Cacabelos presidiron esta mañá a reunión na que se abordaron as cuestións organizativas e de seguridade


Sanxenxo, 24 de abril de 2024.- O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o do Grove, José Cacabelos, presidiron esta mañá a reunión celebrada no Grove na que se abordou o dispositivo de seguridade da media maratón Entre Rías que terá lugar o próximo 19 de maio entre ambos os municipios. Máis de 150 efectivos velarán pola seguridade da proba entre a Policía Local, Emerxencias Sanxenxo, Protección Civil do Grove, Garda Civil, Moto Enlace, ambulancias e voluntarios.

A carreira que xa conta con 500 inscritos de distintos puntos de España e do noerte de Portugal obrigará a realizar cortes de tráfico e tamén tramos de forma puntual como a ponte da Toxa. Ao longo dos 21 quilómetros do percorrido, haberá ata tres puntos de avituallamiento para os corredores e tamén servizo de duchas ao final da carreira no porto deportivo de Sanxenxo. Tamén se disporá de servizo de autobús en ambas as direccións e guardarropa.

O prazo de inscrición pecharase o próximo día 15. Na cita que se organiza en colaboración con Nokao, asina especialista en organización de eventos deportivos, repartiranse máis de 3.000 euros entre os gañadores das distintas categorías. A proba sairá do porto do Grove ás 10:30 horas, para percorrer a Illa da Toxa, a praia da Lanzada e terminar no porto deportivo de Sanxenxo. A carreira poderase facer de forma individual ou por substitucións en parella. Ademais, o mesmo día haberá unha proba alternativa de 10K con saída desde a Ermida da Lanzada, ás 11:30 horas, e chegada ao porto deportivo de Sanxenxo.

Nesta primeira edición celebrarase un Entre Rías especial. Será o sábado 18 de maio cando o paseo marítimo do Grove acolla, a partir das 17 horas, probas para nenos e nenas de ata 13 anos. A participación será totalmente gratuíta. As inscricións pódense realizar na web oficial do evento www.entreriasmediamaraton.com
.

0
0
0
s2sdefault