Concello de Sanxenxo - A PREVISIÓN DE CHOIVA OBRIGA A SUSPENDER MAÑÁ OS CONCERTOS E O ESPECTÁCULO DE PORTONOVO GASTRONÓMICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Mantense o showcooking con degustación realizado polo Obradoiro de Hostalaría do Salnés no mercado de abastos de Portonovo

Sanxenxo, 25 de abril de 2024.- A previsión de choiva para mañá obriga a suspender os concertos e o espectáculo de animación previsto na programación da primeira xornada de Portonovo Gastronómico. Manterase o showcooking con degustación a cargo do Obradoiro de Hostalería do Salnés a partir das 11:30 horas no mercado de Portonovo. Desde mañá, un total de 24 locais participarán nesta edición coas súas propostas culinarias. Ademais, en colaboración coa Asociación Ollares de Portonovo, ao longo de Rafael Picó colocarase unha exposición fotográfica ao aire libre, "A vida en instantes".

Para o sábado mantense as actividades previstas. Ás 12.00 horas a charanga Batucada Os Queimatasas animará a festa saíndo desde o Mercado de Abastos e pasando por Rúa Areal, Campo de San Roque, Praza Méndez Núñez e Rafael Picó. Ás 17 horas haberá xogos populares e un taller "Pequenos barcos para grandes mariñeiros" no parque do Espiñeiro e ás 18:30 horas, o espectáculo infantil Druídas Errantes. Ás 21:30 horas comezará o concerto da Buena Vida, ás 22:30 horas o concerto de Ropa Vieja e ás 23:30 horas o concerto da Mosca Valiente.

O domingo 28, ás 12 horas, dará inicio a concentración Vespa Raiada e ás 13 horas entregarase a Raia de Ouro á redera Sara Bea na Casa de Don Fernando. Ás 17 horas comezará a animación de rúa co show de Troula; O show de Fito "Soño".

Consumir nos locais participantes no Portonovo Gastronómico terá premio. Sortearanse 24 estancias para dúas persoas en hoteis de Sanxenxo e 24 bonos para comidas nos locais por valor de 50 euros.

0
0
0
s2sdefault