Concello de Sanxenxo - PORTONOVO CONVÉRTESE ESTE SÁBADO NO EPICENTRO DAS ACTIVIDADES DO DÍA DA XUVENTUDE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A ampla programación dará comezo ás 16 horas e finalizará ás 21 horas cun concerto

Sanxenxo, 2 de maio de 2024.- A Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo pon en marcha o programa Día da Xuventude, unha iniciativa que conta cunha ampla programación formativa e de lecer. Esta proposta terá lugar o vindeiro sábado 4 de maio, comezando ás 16.00 horas e finalizando ás 21.00. Ese punto final chegará despois da actuación de Brko e Erre prevista para as 20.30. A actividade concentrarase no colexio Abrente debido ás previsións de choiva.


Entre as actividades anunciada para esa tarde se encuentan fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box; gastronomía saudable, xogos educativos e showcooking con produtos locais e de tempada, información xuvenil; caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade; sensibilización mediambiental; talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe; igualdade de xénero; relacións tóxicas vs. relacións de bo trato; taller de grafiti; técnicas de aprendizaxe rápida e mural común; habilidades de empleabilidad; dinámicas grupales para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo; e amenización con Dj durante toda a xornada. Está dirixido a mozos galegos de entre 12 e 35 anos.
No principio do ano, o Concello de Sanxenxo, a través do Departamento de Xuventude, que xestiona Marcos Guisasola, puxo en marcha un novo Plan de Voluntariado de carácter transversal que inclúe a mozos e maiores, co obxectivo de crear unha rede municipal de voluntariado que axude a mellorar a vida das persoas e que, á vez, reporte beneficios aos que participen no programa.
O plan inclúe a intervención social-asistencial, con acompañamentos e apoio ás persoas con necesidades específicas; accións culturais, que abarcan colaboracións en actos e actividades promovidas polo Concello, asociacións e demais entidades; ambientais; educativas e deportivas.

Os interesados en participar contarán cun seguro e deberán anotarse na Casa de Don Fernando, en horario de 10.00 a 14.00 horas, para posteriormente ser entrevistados e coñecer o seu grao de dispoñibilidade e horarios. No caso das intervencións sociais e asistenciais, o voluntariado deberá recibir unha formación específica. Desde Xuventude considérase que a diversidade de idades é un valor positivo e enriquecedor, polo que se propoñen tres grupos, desde os 12 aos 17 anos (voluntariado xuvenil), de 18 a 65 anos (adulto) e de 65 a 100 anos (maior).
Cabe lembrar que, paralelamente, desde a Concellería de Xuventude está a levarse a cabo, con gran éxito, o taller Nas túas mans. Aprendendo xuntos, aprendemos todos, unha actividade intergeneracional coa que voluntarios do programa +Xuventude ensinan a persoas maiores do municipio a utilizar o teléfono móbil, o computador e outros dispositivos electrónicos. Os principais obxectivos desta actividade son aprender sobre tecnoloxía e, ao mesmo tempo, compartir vivencias e experiencias, coñecer a realidade das persoas maiores e as dificultades coa fenda dixital, así como fomentar as habilidades sociais de comunicación e colaboración. A actividade é gratuíta e realízase todos os xoves de 17 a 18 horas na Casa Mariñeira de Don Fernando, en Portonovo. As persoas interesadas nela poden anotarse no espazo onde se imparte o taller ou no teléfono 986 724 297.

0
0
0
s2sdefault