Concello de Sanxenxo - O CONCELLO XA TEN UNHA PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN PARA A REMODELACIÓN DO ANTIGO COLEXIO O CRUCEIRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A oferta de Oreco Balgón logrou a maior puntuación cunha oferta económica de 2.839.578 euros

Sanxenxo, 10 de maio de 2024.- O Concello de Sanxenxo xa ten unha proposta de adxudicación para a remodelación do antigo colexio O Cruceiro. A empresa Oreco e Balgón logrou a maior puntuación do concurso cunha oferta de 2.839.578 euros, lixeiramente inferior ao prezo de licitación. Agora deberá presentar toda a documentación requirida para que a adxudicación sexa definitiva. A empresa aposta con firmeza por un edificio sustentable con matetriales

O centro atópase en desuso desde setembro de 2021, pero dada a súa situación estratéxica no centro urbano e o bo estado do edificio principal de 1.820 metros cadrados construídos, superficie similar ao Pazo de Emilia Pardo Bazán, o goberno decidiu rehabilitalo para crear un espazo lúdico e multidisciplinar para o uso diario dos veciños, unha biblioteca e un Centro de Formación Profesional coa especialidade Dual de Cociña e Restauración.

O Concello de Sanxenxo conta para a actuación cunha axuda de 1,9 millóns do Programa de Impulso para a Rehabilitación de Edificios de Titularidade Pública (Pirep) que se completará con fondos propios para o orzamento total da obra. O prazo de execución é de 14 meses.

O centro social situarase na zona do antigo ximnasio, cunha superficie útil de 375 metros cadrados. Este espazo estará dotado de dúas zonas para cafetaría e escenario con zona de baile, que poderán estar vinculados ou ser independentes. Compleméntanse cunha pequena cociña, camerino, roupeiro, e aseos. Ademais, a cafetaría poderá vincularse cos usos de hostalaría das plantas superiores, onde os alumnos poderán facer simulacións e servir almorzos. Da mesma maneira, a parte do escenario e baile pódese converter nun gran espazo para conferencias ou presentacións de diversa índole con capacidade para 120 persoas.

A nova biblioteca terá unha superficie útil de 185 metros cadrados e contará con zona de estudo, zona infantil, zona de computadores, arquivo e aseos, ademais dunha área de lectura exterior cun pequeno patio axardinado onde se poderán realizar as presentacións de libros e talleres infantís. Tanto a biblioteca como o centro cívico terán accesos, servizos e instalacións individuais, o que fai que poidan funcionar de maneira independente ao resto do edificio podendo ter diferentes horarios de uso.

As plantas primeira e segunda suman 1.032 metros cadrados (535 na primeira e 497 na outra). Nelas situarase o ciclo profesional básico de Cociña e Restauración en modalidade de FP dual. Un ciclo de alta demanda na área e que suporá unha oportunidade para os mozos da zona. Estará formado por espazos de aulas polivalentes, taller de cociña e office, taller de restaurante e bar, cos equipamentos necesarios. Ademais, incorpora un ascensor no núcleo de comunicación principal para garantir a accesibilidade de todo o edificio.

A actuación suporá un aforro do 95 % do consumo enerxético e do 96 % en emisións de CO2 a través de dúas formas: Mellora da envolvente térmica do edificio coa instalación de cerramentos e carpintarías de aluminio con RPT e triplo acristalamiento; e instalación de paneis solares fotovoltaicos no aparcadoiro e a elección de equipos de baixo consumo e iluminación led.



0
0
0
s2sdefault