Concello de Sanxenxo - O CONCELLO TRANSFORMARÁ O PASEO DE SILGAR E A RÚA MADRID NUNHA PLATAFORMA ÚNICA CON PRIORIDADE PEONIL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación licitouse hoxe por 629.588 euros e prevese que estea concluída durante o mes de xuño

Sanxenxo, 15 de maio de 2024.- Mellorar a seguridade viaria e afianzar a prioridade peonil que se puxo en marcha en 2020 no Paseo de Silgar, a Rúa Madrid e a Avenida do Porto co pintado do viario. Eses son os dous obxectivos que persegue o goberno de Sanxenxo cun proxecto que amplía a zona actuación, desde o cruce da Rúa Ourense ata a intersección coa Rúa Cesteiros, cunha plataforma única en lastro que permitirá a interacción segura e accesible de vehículos e viandantes nunha superficie de 4.783 metros cadrados. O Concello licitou esta mesma mañá a obra, por vía de urxencia tras recibir o último informe favorable, por 629.588 euros e prevé que estea concluída durante o mes de xuño.


A área de acceso rodado executarase cun cambio de pavimento, con lastro coloreado, para unha mellor visibilidade para o condutor e o peón, dando así maior seguridade á intervención. No encontro entre este e as beirarrúas colocarase unha rigola acanalada para favorecer a recollida de augas pluviais e facilitar a súa rápida evacuación. No encontro coa rúa Luis Vidal Rocha exponse unha zona de recreo, con mobiliario que convide ó descanso.
Ademais das instalacións de saneamento, mellóranse as instalacións lumínicas, renovando farois e cambiando luminarias por outras máis eficientes, reducindo así a contaminación lumínica existente. Os farois (tipo fernandinas) existentes no tramo de Rúa de Madrid ata a intersección coa Rúa Cesteiros serán substituídas por outras de tecnoloxía led e deseño contemporáneo, dita tecnoloxía permite unha mellor eficiencia e distribución do espectro lumínico, tamén cambian de marxe dous farois existentes fronte ao Pazo Patiño.
Desde a rotonda do porto de Sanxenxo ata a rotonda de Silgar prevese a reconversión dos equipos actuais de vapor de sodio por outros con tecnoloxía LED de toda a iluminación mantendo a carcasa do farol actual e actuando unicamente sobre o equipo. Exponse ademais a instalación de novos puntosde luz tipo baliza na zona situada fronte á Rúa Luis Vidal Rocha.

0
0
0
s2sdefault