Concello de Sanxenxo - SANXENXO DEGUSTA TAPAS REGRESA CON 40 PROPOSTAS CULINARIAS NUN TOTAL DE 24 ESTABLECEMENTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Turismo, Juan Deza, acompañado de hostaleiros participantes, presentou onte a cita na Casa de Don Fernando

Sanxenxo, 17 de maio de 2024.- Un total de 24 establecementos de hostalaría de Sanxenxo mostran a partir de hoxe  a súa habilidade na cociña con 40 propostas gastronómicas diferentes e de gran calidade coas que tratarán de sorprender aos seus clientes no marco do concurso "Sanxenxo Degusta Tapas". O prezo de cada tapa será de 3 euros.

A cita que dará comezo mañá, venres, e prolongarase ata o 2 de xuño presentouse mañá na Casa Mariñeira de Don Fernando. O concelleiro de Turismo, Juan Deza, incidiu en que "cúmprese a súa décimo terceira edición o que xa demostra que é unha proposta testada con éxito e que serve de escaparate para amosar ou noso potencial na cociña e a calidade dos nosos produtos". No acto de presentación estiveron representantes hostaleiros que participan no concurso coas súas diferentes propostas.
Os establecementos que presentan propostas para as categorías de tapas creativas (17) e tradicionais (23) nesta edición son: A Fonte da Vella, Asador Aserradero, Bar A Lonxa Portonovo, Cervecería Azor, Gastro Bar La Cueva, Taberna de Rotilio, Arrocería Boca do Río, Asador O Forno, Castelao, Chiringuito Prado Bello, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, O Vasko, Papá Pato, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, Taberna A Batea, Taberna Lilaina, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante u Pescador, Restaurante Xerfa, Taberna A Codia e Terraza del Mar.
Cada local establecerá un horario de mañá e tarde para a degustación das tapas, que se prolongará ata o 2 de xuño. Os clientes disporán dun "Degusta Mapa" coa localización de todos os establecementos, que serán valorados polo público, encargado de elixir a mellor tapa creativa e a mellor tapa tradicional. Tan só aquelas persoas que proben tapas en polo menos 5 locais poderán votar a mellor tapa, que recibirá un diploma acreditativo. Os clientes poderán participar en sorteos de distintos agasallos, como estancias hoteis, visitas a adegas ou ceas.

0
0
0
s2sdefault