Concello de Sanxenxo - COMEZA LA TALA DOS PIÑEIROS CON RISCO DE CAÍDA EN BALTAR BASEADA NA ÚLTIMA INSPECCIÓN DO AREEIRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 22 de maio de 2024.- A empresa encargada de realizar a tala dos piñeiros con risco de caída en Baltar, Madeiras Villanueva, comezou esta mañá os traballos na zona próxima ao instituto. Os técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomendan a eliminación da totalidade dos piñeiros "pensando en que pola súa arquitectura esfiada e inadecuadas relacións copa, fuste e altura diámetro teñen risco de rotura ou caída".

No informe, recoñecen que é a "opción máis agresiva, pero é a que se debe considerar se se desexa eliminar a posibilidade de que poidan causar dános ás persoas ou ás infraestruturas" e inciden en que "o risco cero non existe mesmo con árbores totalmente sas e sen problema de estabilidade aparente, pero en casos coma os destes piñeiros aínda é máis complicado reducilo". Unha vez retirados os exemplares, a Concellaría de Medio Ambiente deseñará unha repoboación con árbores ben distanciadas para que crezan dunha forma correcta.

No Paseo de Baltar a actuación limitarase reestruturar as copas máis inestables e con ramas secas realizando podas en forma de bisel, sanear as ramas de grandes dimensións e ir eliminando progresivamente as árbores con arquitectura máis deficiente a nivel estrutural para permitir o crecemento dos exemplares.

Ademais, en ambos os espazos, retiraranse os troncos cunha retroexcavadora para evitar a atracción de fungos patógenos que poida pór en perigo ao conxunto do arboledo.

0
0
0
s2sdefault