Concello de Sanxenxo - ÍNSULA ADXUDICA A MADEIRA ARQUITECTURA E DESEÑO O MERCADO DE VERÁN DO PASEO DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As arcas municipais ingresarán 110.000 euros con esta actividade

Sanxenxo, 21 de maio de 2024.- O Consello de Ínsula Sanxenxo adxudicou esta mañá o mercado de verán do Paseo de Portonovo á empresa Madeira Arquitectura e Deseño. A proposta gañadora evoca o antigo pobo mariñeiro con 80 casetas fabricadas especificamente para esta cita. A feira contará pérgolas de madeira e teas a modo de vela de barco, ao longo de todo o poboado mariñeiro. Tamén se colocarán cinco casas imitación a pedra, a tamaño real cunhas fachadas de 9 metros de longo por 4 metros de fondo e 4 metros de alto, ademais de arcos de soportais e balcóns, tamén en imitación de pedra.


O deseño está totalmente adaptado á estética mariñeira, que se pode apreciar visualmente coa cor branca e azul das casas de madeira e do paseo con postes en cor blancoven e tanas tipo ollos de boi, embelecidas con decoracións de áncoras ou flotadores náuticos.
No paseo haberá redes mariñeiras engarzadas en todos os postes que o compoñen no seu percorrido, complementados con elementos decorativos, como son unha barca ou unha estatua de mariñeiros. Realizarase unha iluminación decorativa con 3.000 metros lineais de cable e 6000 lámpadas repartidas por toda a superficie das pérgolas de sombreo.


A actividade está previsto que comece a finais de xuño e prolónguese até o 1 de setembro. A proposta de venda será variada, desde complementos ata artigos téxtiles, pero sempre respondendo a un estándar de calidade. En todo caso, quedan excluídos do ámbito os postos de carácter alimentario, sen que poidan ocuparse casetas destinadas á venda ou comercialización de calquera produto alimenticio ou bebidas.

0
0
0
s2sdefault