Concello de Sanxenxo - BALTAR CONVERTERASE ESTE DOMINGO EN SEDE DO CIRCUÍTO GALEGO JUNIOR DE SKATEBOARD
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A ameaza de choiva obriga a aprazar, de novo, o Rakayo Skate Open previsto para este sábado

Sanxenxo, 24 de maio de 2024.- O parque de skate de Baltar converterase este domingo en sede do circuíto galego junior de skateboard organizado por Viejo Lobo School. Nas probas previstas durante a tarde participarán un total de 50 nenas dun total de seis escolas de Galicia. Durante a mañá, os participantes centraranse nos entrenos e xa a partir das 15:30 dará comezo o campionato na modalidade de Street. Competirán catro categorías (sub7, sub10, sub12 e sub 16) e, por primeira vez, acollerase Copa Promesas. O presidente do club Viejo Lobo School, Sergio Martínez, destaca a colaboración prestada desde o Concello e a calidade das instalacións onde presentou a proba co concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola.

Trátase do cuarto ano que Baltar acolle esta parada do circuíto galego cunha alta participación e bo ambiente. Nas pistas de Baltar veranse promesas do skate que xa están a conseguir moi bos resultados como o número 1 e 2 do campionato de España.

Doutra banda, o Rakayo Skate Open previsto para mañá tívose que volver suspender debido á climatoloxía. A organización da proba explica que a ameaza de choiva para última hora da xornada supón un risco para os participantes. A proba aprázase para unha nova xornada, aínda sen data.

0
0
0
s2sdefault